Skip to main content

Peculiaridades

Entroido

Tamén coñecido na comarca da Ulla como “Antroido”, o “Entroido” recibe este nome por ser a “entrada” á Coresma, época de prohibición da “carne”, e de aí a outra palabra como é coñecido: “Carnaval”.

Aínda que dunha parroquia a outra o Entroido da Ulla presenta pequenas diferenzas, as máscaras mantivéronse ao longo do tempo, apoiadas nos seguintes elementos:

Xenerais

A súa vestimenta tamén evoca os uniformes militares decimonónicos. Na cabeza levan un rechamante “tricornio” (bicornio) rematado en plumas, frecuentemente de pavo real. Montan cabalos ricamente aparellados, destacando o espello que levan adornando a cabeza, o peito petral… O seu número pode variar segundo os anos.

Abandeirado

Adoita vestir un uniforme militar, o máis frecuente é o de mariñeiro, e leva unha bandeira.

O rei e a raíña

Visten capas e na cabeza levan unha coroa. Segundo a ocasión ou montan cabalos ou van nun carro tirado polos mesmos.

Coro principal, de bonito ou de mozos

Intégrano rapaces e rapazas vestidos normalmente co traxe galego ou de montañés, xunto cun señorito e unha señorita. Á fronte deles van un “director” e unha “directora”, moi ben engalanados. Normalmente o coro interpreta cancións con letra composta para a ocasión.

Coro de vellos

Composto por xente de máis idade. Ben poden vestirse cada un á súa maneira, ainda que nos últimos anos téndese a unha uniformidade nos traxes, nos que non falta o compoñente colorista. Adoitan cantar cancións picantes e burlescas.

Tamén destacan as comparsas “inventos”, que representan “cousas curiosas”, disfraces máis actuais, o cura que ofrece un grande sermón, e outros máis singulares como ”o vello dos cornos”…

Campaña promovida por:

Coa colaboración de:

Síguenos en redes